Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

Carballo organiza talleres de acollemento lingüístico e preparación dos cursos do Celga

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas do Celga.

O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas.

O curso, que se levará adiante sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado.

A formación desenvolverase desde o 10 de setembro ata o 19 de decembro, todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a snl@carballo.gal un correo electrónico no que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

As inscripción realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Do mesmo xeito, vanse repetir os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula.

Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no centro social da Escola de Arrabaldes, desde o 12 de setembro ata o 28 de novembro.

As persoas interesadas pódense inscribir mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a snl@carballo.gal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620