Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergantiños

A Fundación de Pondal acolle o día 17 a entrega dos Premios Bos e Xenerosos

Na Fundación Eduardo Pondal teñen todo disposto para a esperada xornada do 17 de maio, festividade das Letras Galegas,  que se vive con especial intensidade e paixón na pequena aldea do Couto e no conxunto da parroquia pontecesá de Cospindo.

O programa arrincará as 11 horas con lanzamento de foguetes e un pasarrúas coa Banda de gaitas Inllar.

Pouco despois procederase a inauguración da creación plástica Mutante Creativo, na lembranza dos primeiros “Bos e Xenerosos”: Isaac Díaz Pardo, Neira Vilas e a súa dona,  Anisia Miranda.

Ao mediodía habrá misa en galego na iglesia parroquial de San Tirso de Cospindo na memoria de todos e todas os colaboradores que participaron na Festa das Letras do Couto.

O repique de campás e o estourido das bombas media hora despois marcará o inicio dos actos no adro, que arrincarán coa interpretación do Himno Galego a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco; seguerán cunha ofrenda floral e a interpretación, a cargo de Inllar, do Himno do Antigo Reino.

Ás 12:45 comezará o acto de entrega dos Premios Bos e Xenerosos 2023. Nesta edición serán homenaxeados Pilar García Rego, Manuel Facal, María Canosa e Manuel Rivas, que recibirán o busto pondaliano a mans de autoridades da Xunta, Deputación e Concello.

As 14 horas haberá unha sesión vermú con Berto, que dará paso ao Xantar das Letras