Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

A agrupación Un Paso Máis leva o deporte adaptado a Nétoma-Razo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A agrupación deportiva Un paso máis levou as súas actividades ao colexio de Nétoma-Razo, no municipio de Carballo, que se centraron principalmente no deporte adaptado. Todos os nenos do centro de todos os niveis tiveron a oportuniade de disfrutar desta xornada inclusiva o pasado 7 de maio. 

A través de diversas actividades e xogos, os estudantes aprenderon que, aínda que todos somos diferentes, tamén somos iguais. A xornada estivo chea de risas, aprendizaxe e, sobre todo, inclusión, tal como destacan dende a  entidade.

Os nenos puideron experimentar en primeira persoa como é practicar deporte adaptado, rompendo barreiras e prexuízos, e fomentando o respecto e a empatía cara ás persoas con discapacidade. “Esta experiencia foi inesquecible para todos”, dixo un portavoz de Un paso máis. “É marabilloso ver como os nenos se divirten mentres aprenden unha lección tan importante. Todos somos iguais e diferentes á vez, e iso é o que fai que o mundo sexa tan especial”, engadiron.

Un paso máis espera que esta xornada deixe unha pegada duradeira nos nenos e que sigan levando a mensaxe de inclusión e respecto no seu día a día. A entidade quere agradecer a colaboración de todo o centro. A seguinte cita será no CEIP Bergantiños.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620