Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Cifras e letras, poesía e música nas Letras Galegas do Monte Neme

O instituto Monte Neme de Carballo festexou as Letras Galegas durante a semana pasada con actividades como un recital poético, música en galego e una réplica do concurso Cifras e Letras. Dentro do clube de Ciencia realizaron o popular concurso televisivo nas clases de primeiro de ESO, en grupos de cinco persoas. 

De cada una das clases clasificouse un equipo para a final. Enfrontáronse os equipos de 1º A e 1º B, gañando o equipo de 1º B que recibiron o premio o pasado venres e consistiu nun libro en galego para cada un dos integrantes do grupo. Nesta final realizáronse tres  probas de cifras e tres de letras. Nas probas de letras  tiñan que facer todas as posibles palabras con catro letras ou máis en galego, sumando cada unha das letras un punto. Nas probas de cifras había que chegar a un número elixido usando exclusivamente sete números que lles deron.

Cando chegaban a un número exacto recibían vinte puntos, e no caso contrario, o equipo que chegaba a un número máis próximo, conseguía dez. O equipo A logrou un total de 107 puntos, mentras que o B acadou 156. Os alumnos de segundo de ESO fixeron un recital poético, lembrando tamén a importancia do 17 de maio, pola publicación en 1863 de ‘Cantares gallegos’ de Rosalía de Castro. No seu centenario empezou a celebrarse este día.

Despois da final de Cifras e Letras, alumnos e mestres interpretaron o himno galego. Os escolares de cuarto decoraron o corredor do centro. Desde o instituto destacan a importancia de conmemorar o 17 de maio para reivindicar a lingua, aínda que neste centro lembran que son maioría de galego falantes.