
Carballo chega á 16ª edición da Semana do Libro e a Lectura, que este ano recupera o seu formato habitual e que contará coa participación dos 1.500 escolares dos nove colexios do concello, que volverán a xuntarse na biblioteca Rego da Balsa para disfrutar las actividades propostas. A cita desenvolverase do 24 ao 28 de abril. Foi presentada este mércores polo alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; e Patricia Varela, presidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), co-organizadora da Semana do Libro e a Lectura.
O lema desta 16ª edición é Libros para xogar, e ademais enmárcase na celebración do Ano do Xestal, polo que, como apuntou Patricia Varela, “o relato oral ten un peso especial”.
En canto á programación, Patricia Varela destacou que Pakolas presentará en Carballo o seu novo disco e que Inventi Teatro estrea tamén a súa obra “As palabras perdidas” O cartel inclúe teatro, maxia, música e o relato oral, nas voces de Celso Fernández Sanmartín, María da Pontragha, Vero Rilo e Caxoto.