Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carballo

Verdillo rende homenaxe ás súas tocadoras

Carballo continúa cunha intensa actividade cultural arredor das Letras Galegas, coa música como principal protagonista. Onte tiña lugar no Pazo da Cultura o concerto “Efémeras”, da agrupación Cantometrics, que está inspirado na obra fotográfica de Ruth Matilda Anderson. Toda unha demostración de música tradicional, adaptada a novos tempos.

Para este sábado está prevista outra actividade popular organizada polas asociacións cultural e xuvenil Arume de Verdillo: a Ruada das Cereixas. Será no Moucho, no Xardín das Cereixas, como se chamaba hai anos ao lugar onde se facían as ruadas da parroquia, a partir das 18.30 horas.

Desde as entidades locais queren render a súa particular homenaxe ás mulleres tocadoras de Verdillo como Melia de Bardanca, Consuelo dos Queixos, Jesusa de Serrano, María García, Clarisa e Pepa de Esmorís, Ermitas de Lola, Manuela e Generosa de Mallo ou Dosinda de Fontes e Susa de Mighel. Todas elas contribuiron a preservar o legado da parroquia coas súas cantigas.

Esta tarde actuarán todos os grupos da AC Arume e volveranse a escoitar as pandeiretas e as gaitas no Xardín das Cereixas de Verdillo, que tamén inspirou un dos traballos do artista Xabier Díaz.