Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Malpica

O Certame de Poesía Erótica de Malpica celebra os 20 anos

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

O Concello de Malpica acolleu este venres a presentación do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que promove a creación poética en lingua galega con liberdade temática e vocación innovadora. No acto participaron o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro; o presidente da Asociación Cultural Caldeirón, Francisco Quiroga (Paco de Tano); e Emma Abella.

O rexedor expresou a súa confianza no éxito desta nova convocatoria, cando xa se cumpren dúas décadas de vida. “Esperamos que este ano xa a xente se anime e que sexa máis que o ano pasado. Seguro que a calidade de todos os poemas que se van a presentar vai a ser moi boa”, indicou.

Enma Abella tamén destacou a relevancia de cumprir vinte edicións, sendo un certame totalmente consolidado. “Estamos moi contentos porque chegamos ao número redondo que é o vinte, e dentro de cinco anos faremos as vodas de prata, e xa estamos pensando ideas para celebralo.”

Paco de Tano pola súa banda anunciou a novidade desta edición, xa que o libro ten un código QR no que se poden escoitar os poemas musicados. Tamén confía en que este ano se sume moita xente ao certame, e, indicou, “podemos dicir con orgullo que, desde Malpica, desde esta esquina pequeniña e case insignificante do mapa de Galicia, seguimos a exportar cultura innovadora para Galicia e para o mundo".

O prazo para presentar os orixinais permanecerá aberto ata o 21 de setembro. O certame establece un premio único de 1.500 euros e a obra gañadora publicarase na colección Illas Sisargas. As obras deberán estar escritas en galego e abordar unha temática de carácter erótico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina