Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ponteceso

Marcos Esmorís, do IES de Ponteceso, gaña un premio nun concurso estatal de Matemáticas

Marcos Esmorís, alumno do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, acadou o quinto posto no concurso estatal “Canguro Matemático”. Este estudiante de 2º de Bacharelato, é un dos cinco gañadores desta proba que se celebra anualmente na maioría dos institutos de España.

Os campións disfrutarán dun campamento en Fresno de La Fuente (Segovia) e recollerán o seu premio o 21 de xuño na celebración que será en Burgos. Dende o IES pontecesán celebran por segundo ano consecutivo a clasificación dun dos seus alumnos neste torneo, xa que o curso pasado Alexander Costa obtivera un quinto posto empatado co terceiro.