Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ponteceso

Remata un Festiletras para a historia do Couto

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O popular comunicador da TVG, Xosé Ramón Gayoso, recibía o pasado domingo no Festiletras o galardón de Bo e Xeneroso de Honra, pola súa contribución ao traballo que realiza a prol da divulgación da música tradicional galega. O galardoado mostrouse moi satisfeito por este premio e tuvo moitas palabras de eloxio para este festival que se celebra cada ano na pequena aldea do Couto, en Ponteceso, que acaba de cumplir as súas 40 edicións.

“O Luar naceu co mesmo espíritu. Cada venres nós tratamos de facer un Festiletras”, subliñou o presentador do programa más lonxevo da canle autonómica que se emite todos os venres. Durante a entrega do premio, que recibiu de mans do músico Xabier Díaz, outros artistas como Mercedes Peón e Xurxo Souto tamén louvaban a traxectoria de Gayoso e a súa labor de divulgación do patrimonio.

O Festiletras pechou co concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que puxeron o broche de ouro a esta celebración, despois de catro intensos días, onde a cultura tradicional foi a principal protagonista. Aínda que a choiva do último día desluciu as moitas actividades programadas e houbo que improvisar algún cambio de escenario, foron moitas as persoas que acudieron ao festival, o mesmo que os días previos. E como remate, as pandereteiras do Roncudo fixeron tocar e cantar a todos os asistentes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620