Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Soneira

A CMAT elixe a Bieito Romero embaixador da Costa da Morte

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Bieito Romero Copo, membro fundador do mítico grupo Luar na Lubre, recibirá o próximo 12 de novembro a distinción de Embaixador da Costa da Morte. Este premio entregarase durante a celebración do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte organizado por Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), que recoñece o papel de diferentes personalidades no desenvolvemento da Costa da Morte.

A dilatada traxectoria nacional e internacional do grupo Luar na Lubre está fortemente vinculada coa Costa da Morte, tanto pola cantidade de cancións dedicadas nos 38 anos de carreira como polo relato que Bieito Romero transmite nos seus concertos. A súa traxectoria vital está moi vencellada co territorio. Estes, entre outros, foron os principais argumentos polos que a xunta directiva da CMAT decidiu outorgarlle este recoñecemento.

Entre os temas máis destacados de Luar na Lubre, hai referencias directas a localidades da Costa da Morte. Son ben coñecidas pezas como “Fisterra”, “Camiño de Caión”, “Mártiros e o Vákner” ou “Camariñas”, esta última versionada tamén por múltiples artistas de gran recoñecemento como Julie Fowlis ou Luz Casal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620